Pontevedra: Plan E.

31 Marzo 2009

 

Detalles do plan E para Pontevedra

Núm. de Proyectos Aprobados: 48

Importe: 14.194.813,00

Ver proxectos click aquí.


El fútbol no lo es todo

23 Marzo 2009

tinaia

 

A lo largo de la vida conocemos a muchas personas, algunas pasan de lado en un día, en cambio a otras las tenemos para toda la vida, siempre en nuestros pensamientos y corazón. Este es el mayor regalo y prueba evidente de la amistad.


LA MOSCA COJONERA

18 Marzo 2009

sumando ideas

12 Marzo 2009

SUMANDO IDEAS PARA O  SOCIALISMO GALEGO

Os socialistas galegos debemos facer unha profunda reflexión sobre a mensaxe que a cidadanía de Galicia nos transmitiu o pasado 1-M, e ao tempo dar un paso adiante.

Facelo esíxenos lembrar e defender os avances acadados nestes catro anos, pero tamén recoñecer e emendar os erros cometidos na nosa acción política.

Non debemos esquecer que máis de medio millón de galegas e galegos depositaron a súa confianza no proxecto dos socialistas de Galicia. Merecen atopar en nós un novo camiño e unha proposta maioritaria, de presente e de futuro, que canalice as inquedanzas dunha parte moi importante da sociedade galega.

Esta confianza tamén nos esixe un esforzo encamiñado a consolidar e aumentar o apoio recibido, a ensanchar e converter ao PSdeG-PSOE nun partido maioritario, forte e con grande presenza na sociedade galega, representativo da maioría social do noso país.

Para isto necesitamos facer unha serena pero profunda renovación das estruturas organizativas e do modelo de partido, co obxecto de facer posible a extensión e penetración do PSdeG no conxunto do territorio e nas redes sociais e económicas de Galicia, estando presente en tódolos ámbitos da sociedade galega e potenciando o papel dos/as militantes socialistas, da súa participación interna e externa, como verdadeiros activos do noso proxecto político. O PSdeG ten que ser un bo reflexo da maioría social deste país.

Como primeiro paso aspiramos a fomentar un debate de ideas e propostas de cara ó Congreso Extraordinario do 25 de Abril, onde teñan cabida a autocrítica e a discrepancia, pero afastándonos de actitudes cainitas e sen permitir que a dereita marque os nosos debates e a nosa axenda política.

Queremos facer do PSdeG un partido forte, sen complexos, asentado nos valores do socialismo democrático cun proxecto autónomo. Ser a referencia galega da esquerda, alí onde se ubican milleiros de cidadás e cidadáns do noso país que cren na liberdade, na igualdade, na solidariedade e na xustiza social.

A través deste manifesto pretendemos promover o debate e o contraste de alternativas. Facemos un chamamento á participación colectiva de toda a militancia e da cidadanía para fortalecer un proxecto socialista que se asente na defensa coherente e decidida dos principios e os valores progresistas que vertebran o conxunto das democracias avanzadas.

Para nós falar do socialismo galego equivale a defender unha sociedade cunha universal igualdade de oportunidades, independentemente das nosas diferentes orixes sociais; plena liberdade para exercelas, suprimindo todas as barreiras que as impiden ou dificultan; e coa férrea xenerosidade e solidariedade de todo o País cando a oportunidade deriva en dificultade.

O socialismo e o galeguismo son e seguirán sendo referencias ideolóxicas esenciais do PSdeG e das que deben partir as políticas e propostas da nosa acción política.

A defensa dos servizos públicos ten que ser unha prioridade, facendo posible unha sanidade pública que compatibilice a atención sanitaria de calidade cos dereitos de atención ao paciente e apostando por unha educación pública de calidade, nun país no que o ensino sirva para acadar unha sociedade libre, crítica, con sólidos valores democráticos e altas oportunidades de progreso.

Falamos dunha educación pública na que as bolsas favorezan a igualdade de oportunidades e na que o relevante non sexan a vestimenta que leven as nenas e os nenos no centro escolar, senón a calidade da educación que reciben.

Unha Galicia políglota, na que se eduque aos nosos fillos/as en galego e castelán, garantindo o coñecemento e correcto uso de ambas linguas ó rematar o ensino obrigatorio e aberta á incorporación de terceiras linguas. Un País sen divisións entre iguais nin imposicións e onde a nosa cultura sexa unha importante oportunidade de proxección exterior.

Queremos unha sociedade cunha envexable calidade democrática, con regras de xogo claramente definidas na relación dos responsables políticos cos poderes económicos e na regulación  transparente das axudas públicas ó mercado da información e da comunicación, onde a reforma dos medios públicos de comunicación sexa unha prioridade política e social.

Conseguilo require dun partido mellor conectado coa sociedade: capaz de incorporar as voces e as vontades progresistas presentes na sociedade civil, e onde a militancia, o maior activo do noso proxecto político, asuma maior protagonismo e impulse o partido co seu traballo, a súa capacidade e a súa ilusión.

Pola gran responsabilidade que o tempo nos depara, para cumprir coas expectativas postas na labor de oposición e para sermos alternativa crible de goberno, necesitamos de experiencia e renovación. Temos que asumir como propias as novas realidades sociais, sumar a achega da valiosa experiencia institucional que o noso partido atesoura e facer efectiva a incorporación das xeracións máis novas.

É a hora de ofrecerlle á sociedade galega un proxecto socialista maioritario e renovado, un proxecto ilusionante, que marque novas metas para transformar a fondo Galicia. É a hora de traballar todos xuntos, unidos, sumando ideas para o socialismo galego!

Que comece o debate!

http://sumandoideas.net/


Aínda non comezamos e xa empezamos.

11 Marzo 2009

1236713650998_397b0aa8-7458-410b-bc1b-9f9dcb81ff82_dn

Despois do día en que a cidadanía elixe ao goberno cabe reflexionar sobre o realizado, o que eliximos e o que queremos.

 

A sociedade galega elixiu a Feijoo para presidir a Xunta de Galicia, decisión que respecto. Pero non sei se saberá gobernar este país alguén que descoñece o que ten que facer. Por suposto, refírome ao coche utilizado durante tres anos polo presidente do PP en Galicia. Él centrou as súas declaracións de campaña nos coches e agora resulta que non declarou o seu.

 

Se este é o comezo, ¿cal será o fin?.


QUE NON VOLVAN!!!

17 Febrero 2009

3284544506_f8441166dc


PSdeG – Campaña 2009

9 Febrero 2009


Preguntas sin respuesta?

5 Febrero 2009

¿Por qué alguien que ya estuvo gobernando en Galicia y al que la sociedad gallega no eligió de nuevo, se vuelve a presentar?