Depende de ti.

31 Octubre 2006
O ano que ven temos eleccións municipais, o 27 de maio de 2007 volveremos a encontrarnos coas urnas para elixir o noso goberno municipal, un goberno de esquerdas, tolerante, un goberno no que participe a cidadanía, como dixo Pablo Iglesias:


“Sois socialistas no para amar en silencio vuestras ideas, ni para recrearos con su grandeza y con el espíritu de justicia que les anima, sino para difundirlas, para llevarlas a todas partes…”

Pablo Iglesias.

E xa que as eleccións municipais están tan preto, a organización xuvenil do PSdG-PSOE convocou o primeiro Foro Institucional Xoven o sábado 28 de outubro, dende as xuventudes socialistas temos que involucrarnos na elaboración do programa electoral, os moz@s debemos analizar a situación que vivimos e traballar para que esta mellore, temos que lograr programas electorais a carón da mocidade galega, programas nos que as contribucións que fagamos sexan parte fundamental.


¿Realidade ou ficción?.

25 Octubre 2006
Onte pola tarde asistín a unha charla sobre crecemento económico e dereitos na Sala de exposicións Sargadelos (Pontevedra), tocáronse varios temas como por exemplo “A globalización, liberalismo económico, neoliberalismo, hipotecas, endebedamento das familias …” , a verdade é que foi unha tarde bastante entretida e os asistentes puidemos sacar diversas conclusións, pero sinceramente gustaríame que se falara de temas económicos máis próximos.

Realmente, ¿Qué é a globalización?, entendo a globalización como a unificación das economías dos diferentes países mundiais, é dicir, a existencia dun mercado mundial integrado polas diferentes economías nacionais, esta unificación arrastraría tamén a cultura, a sociedade … a unha serie de transformacións para lograr unha soa realidade global.

Segundo o Dicionario da Real Academia Española a globalización é a “Tendencia de los mercados y de las empresas a extenderse, alcanzando una dimensión mundial que sobrepasa las fronteras nacionales”.

O que está claro é que no mundo actual existe un maior grado de dependencia entre os países, sobre todo si falamos de relacións comerciais, financeiras e de información, vivimos no mundo da comunicación, na sociedade da información onde todos estamos conectados, somos parte dunha sociedade globalizada.

Non podemos deixar de nomear unha serie de grupos aglutinados como movementos de anti-globalización, son os denominados Movementos de Resistencia Social (MRG) que consideran a globalización contrario aos obxectivos de equidade social, é dicir, que as persoas teñan por igual a oportunidade de acceder a unha existencia digna e unha mellor calidade de vida, dereitos que deberíamos ter todas as persoas.

A globalización ten certos aspectos positivos, como por exemplo o libre comercio o que supón a eliminación de barreiras arancelarias e a posibilidade de comercialización entre persoas e empresas de países diferentes.

Xa que antes se comentou un aspecto positivo da globalización, agora toca facer unha pequena critica, como por exemplo a redución dos salarios e a perdida de postos de traballo, estes destruídos debido a que países en desenvolvemento son capaces de producir grazas á súa man de obra barata unha gran cantidade de produtos que se venderán en países estranxeiros, o que xera movementos de capital ata eses países, producindo desta forma despidos de traballadores ou destrución de postos de traballo en países industriais. Como vos podedes imaxinar isto é un ciclo, xa que estes países en desenvolvemento prosperarán, os seus traballadores terán mellores soldos e o tempo que todo isto sucede entón deixaran de ser competitivos.

¿Qué pensas ti da globalización?


Como son os meus veciños

25 Octubre 2006

O que se pretende con este traballo e coñecer o conxunto de persoas das que formamos parte, e dicir, coñecer dunha forma máis detallada a poboación de Pontevedra, para ilo utilizaremos a información subministrada polo IGE, recollida na estatística Indicadores Demográficos Municipais.
No ano pasado estaban empadroadas no municipio de Pontevedra un total de 79.372 persoas.
As persoas con nacionalidade estranxeira teñen unha representación do 3%, o que supón un total de 2.525 persoas fronte ás 76.847 persoas con nacionalidade española, polo que segundo estes datos, a poboación estranxeira no noso Concello ten unha mínima representación.

Moitas das persoas empadroada

s no noso Concello non viven na cidade, a continuación vamos a facer unha diferenza entre aquelas persoas que residen no Concello onde naceron ou viven noutras zoas. Como pódese apreciar no gráfico son 47.626 persoas nacidas e residentes en Pontevedra, alcanzando o 61% das 79.372 persoas empadroadas no noso Concello, outra dato de interese é o de aqueles Pontevedreses que residen fora da nosa Comunidade Autónoma, representando o 12%.

A seguinte gráfica móstranos a distribución da poboación por idades en grupos quincenais.
Vemos unha curva asimétrica, cun máximo no grupo de idade de 30-44 anos, isto significa que maioritariamente os empadroados no Concello de Pontevedra sitúanse neste tramo de idade, seguidos pola xuventude cunha representación do 21,83% (17.328), no terceiro lugar atópanse os empadroados cunha idade entre 45-59 anos. Utilizando a mesma gráfica, pero diferenciando os tramos de idade en grupos quinquenais, observamos que o máximo está no tramo de idade comprendida entre os 25-29 anos, cun total de 7.091 persoas empadroadas.
Indicadores da poboación:
No Concello de Pontevedra temos un índice de envellecemento de 80,4%, este índice relaciona a poboación maior de 64 anos, e a poboación menor de 20 anos, este datos indícanos que por cada 100 mozos de menos de 20 anos hai 80 persoas que superan a idade de xubilación,situándose a porcentaxe de poboación maior nun 15,63%, pode parecer unha cifra elevada pero non o é, xa que a provincia de Pontevedra e unha das máis novas na Comunidade Galega cun índice de 95, situándonos por debaixo cun 80,4%, existen Concellos no interior con máis de 300 maiores de 65 anos por cada 100 mozos, o que indica que Galicia é unha Comunidade cun alto grao de envellecemento poboacional.
Índice de sobreenvellecemento: 12,9% . O que calculamos analizando este índice é o envellecemento excesivo da poboación, a través da relación entre a poboación maior de 84 anos e a poboación maior de 64, indícanos o número de persoas maiores de 84 respecto o número de persoas maiores de 64 anos, está moi relacionado coa esperanza de vida, en Pontevedra por cada 100 persoas maiores de 64 anos, aproximadamente 13 son maiores de oitenta e catro anos.
Os índices de envellecemento e sobreenvellecemento son síntomas das melloras alimenticias, médicas …, o que se deriva nun aumento da idade media da poboación.
Índice de dependencia global: 54%. Este índice é resultado de relacionar os grupos de individuos economicamente dependentes e o grupo de poboación potencialmente activa, e dicir, o resultado obtense da suma da poboación menor de 20 anos e a maior de 64 anos, dividida entre a poboación con idades comprendidas entre os 20 e 64 anos. O que nos indica este dato é que por cada cen pontevedreses en idade de traballar, e dicir entre vinte e sesenta e catro ano, temos aproximadamente 54 persoas menores de 20 anos o maiores de 64 anos, e dicir, persoas que non forman parte do mercado de traballo.
Índice de dependencia xuvenil: 29.9%. En Pontevedra atopámonos que por cada cen persoas potencialmente activas temos 30 persoas menores de 20 anos.
Índice de dependencia senil: 24,1%. Por cada 100 persoas en idade de traballar temos 24 que non forman parte do mercado laboral, e dicir persoas maiores de 64 anos
Idade media da población: 40.3 anos.
Homes:38.4 anos
Mulleres: 42 anos

Quiero ser…”Torero”

24 Octubre 2006
El otro día leí en la prensa el siguiente titular: “Aznar despacha a una periodista que le dirigió una pregunta colocando un bolígrafo en su escote”, ¿cómo es posible que un ex presidente de un gobierno haga semejante “estupidez”?, ¿se pensaría que estaba en Las-Ventas y que la reportera era un toro al que le tenía que poner unas banderillas?, seguramente a Ansar de pequeño le hubiese gustado ser torero y en estos momentos viva en el país de Nunca Jamás descubriéndonos a ese niño que lleva dentro, esa inocencia infantil de un niño que nunca crece, viendo las andadas maravillosas de nuestro ex presidente está claro que está viviendo su segunda niñez.
Mi petición querido ex presidente, además de que rectifique su comportamiento machista, es que no juegue de nuevo a la
guerra.