censuradores o censurados, maleducados o educados

31 Diciembre 2006
Yo lo tengo muy claro, como socialista que soy defiendo unos de los derechos fundamentales que tenemos todas las personas, “la libertad de expresión”, esencial en la vida cotidiana de las personas para poder expresarse libremente, que sería de las personas sino pudiesen opinar ni dejásemos opinar, muchas personas se esconden tras un insulto, una amenaza o simplemente un ladrido escondido bajo una ideología diferente, lo que nos diferencia a las personas de la izquierda es que respetamos esa libertad de expresión, no nos dedicamos a insultar a la gente, no censuramos ni insultamos a quienes tienen otra ideología o a quien nos intenta imponer sus valores o creencias personales.

A día de hoy todavía tenemos que seguir luchando por tener y conservar derechos básicos y fundamentales como este, respetar opiniones contrarias a la nuestra sin llegar al insulto significa respetarnos a nosotros mismos y nos dignifica como personas.

La libertad de expresión es el derecho que tenemos a expresar nuestras ideas, y eso implica que no debemos censurar, un componente esencial de la libertad de expresión es la inexistencia de censura, este derecho esta recogido en nuestra Carta Magna y en la Declaración Universal de los Derechos Humanos.

Cuando podemos expresar nuestra opinión en igualdad de condiciones y sin ser insultados o recriminados por ello, entonces desde ese momento todas las personas que nos escuchen podrán formarse sus propias ideas sin estar coaccionados.

Aquellos que hacen descalificaciones personales en el intento de rebatir sus argumentos e intentan aparentar modernidad, madurez, inteligencia a base de olvidarse de cualquier tipo de educación básica y formas cívicas, utilizando para ello un lenguaje penoso, un trato despectivo y creyéndose por encima del resto de mundo que les rodea, a estos prepotentes se les caerá el cielo encima y podrán ver la realidad desde el sitio en que sus amistades, familiares, amigos, sociedad les coloque, es solamente cuestión de tiempo y en ese momento entenderán el significado de la libertad.


o inocente do día foi: Joana Madrigal

29 Diciembre 2006

Onte foi o día das inocentadas, ¿os fixeron algunha?, no Parlamento do Pais Vasco a nosa deputada socialista Joana Madrigal quixo facer unha inocentada ou polo contrario caeu nela debido a uns confidenciais. En pleno debate dos presupostos Joana deu a noticia de que María San Gil, presidenta do PP vasco pensaba abandoar a política. A presidenta do PP vasco desmentiu esta noticia.


Buratos de rato

29 Diciembre 2006
Hoxe debemos menos que onte pero mais que fai un ano, e dicir, as familias que pediron un préstamo hipotecario no mes de setembro terán que aboar 178.7€ máis de cota que as familias que se hipotecaron un ano antes e o número total de operacións hipotecarias formalizadas descendeu entorno a un 50%. Pese a estes descensos o esforzo financeiro é cada vez maior, no mes de setembro representou o 42.1% da renda anual.

Parece que o prezo da vivenda tende a estancarse, a finais de outubro o prezo da vivenda creceu o 9.7%, a primeira subida inferior a dous díxitos en cinco anos, segundo datos do Ministerio de Vivenda.

.
Esta moi claro que parte da culpa de que as familias españolas teñamos as nosas débedas no piso de arriba e tamén que non poidamos ter un emprego estable é gracias as políticas que apricou o Rato cando era ministro de Economía, que por se non vos acordades foi durante oito anos e co goberno do PP, polo menos advertiulle a Aznar sobre as consecuencias que traería a política sobre Irak, pero como sempre no PP nunca fan caso.

Nova executiva das XSG-Pontevedra.

28 Diciembre 2006

O sábado, 23 de decembro celebrouse na sede do PSdG-PSOE unha asemblea extraordinaria das XSG-Pontevedra.

A militancia de Pontevedra reelixiume como secretario xeral (esquerda) e o meu querido amigo e compañeiro Sergio Lage Cuíñas como secretario de organización (dereita), os dous estamos moi agradecidos pola confianza depositada e traballaremos toda a executiva para ser a voz da mocidade de Pontevedra, debemos de fomentar entre a mocidade de Pontevedra valores e actitudes baseados nas ideas de igualdade, pacifismo e desenvolvemento sostible.

Damos o noso apoio a Teresa Casal, candidata do PSdeG-PSOE á alcaldía de Pontevedra, e traballaremos cóbado con cóbado para elaborar o mellor programa, aquel que recolla as demandas dos mozos e mozas de Pontevedra, e temos á mellor candidata para facelo realidade.

.
Na asemblea contouse coa presenza de Tamara Canosa, Secretaria de Organización das Xuventudes Socialistas de Galicia e Fernando Martínez Arribas, Presidente do Comité Nacional

Jesucristo: O novo rei republicano

27 Diciembre 2006
Publica a La Voz de Galicia que en Polonia queren proclamar rei o noso señor “Jesucristo”, o parecer 46 deputados han asinado un proxecto de lei para proclamar rei da república parlamentaria a “Jesucristo”.

Reforestación ou beneficio?

25 Diciembre 2006
Sempre que hai unha catástofre búscase unha solución, pois ben como todos sabedes este ano tivemos unha serie de incendios en Galicia, pasamos 12 días entre chamas, fume, lume e lágrimas.
.
Eu vivo na cidade de Pontevedra e recordo moi ben eses días, sentíame atrapado, miraba o meu redor fume, fume e máis fume, parecía o fin do mundo, o ceo estaba cunha cor roxa que na miña corta vida vin, non respiraba ben, intentei coller o coche para marcharme pero me foi imposible, días mais tarde fixen outro intento e por fin puiden saír entre chamas pola AP-9, e digo entre chamas porque así foi como me marchei, o lume estaba o redor do coche, mirara onde mirara soamente había cinzas.
Esas cinzas poden converterse en verde gracias a unha campaña que se estenderá dende decembro de 2006 ata febreiro de 2007, gracias a Federación Galega de Asociacións de Turismo Rural, Turgalicia e Dirección Xeral de Turismo da Consellería de Innovación e Industria se poderá recuperar as arbores galegas plantando un exemplar autóctono, tes que reservar unha fin de semana nalgunha das casas de turismo rural que participan na campaña e desta forma axudarás a plantar centos de árbores por toda Galicia.
Realmente, ¿cal é o fin da campaña?, seguramente a atracción dos turistas e de modo secundario a reforestación dos nosos bosques, pero polo menos poderemos disfrutar das árbores.

E se fixo a luz

22 Diciembre 2006
Agora os cidadáns dun pequeno pobo italiano deberán levar gafas de sol, dende o martes Huelva ilumina un pobo italiano de Viganella, non é que este pobo estivese mergullido nas tinieblas, senon que o proxecto “Encuentro de la Luz” permite iluminar os 250 metros cadrados da praza da localidade e o fará cada día ata febreiro, durante seis horas como mínimo o día.

Os 185 habitantes do pobo alpino teñen enfronte unha cadea montañosa que lles tapa a luz do sol dende o 11 de novembro ata o 2 de febreiro, a solución a encontraron colocando unha enorme estructura que sosten un espello de 40 metros cadrados de superficie, esta permite proxectar a luz sobre o pobo.


O equipo das estrelas. Vaticano CF

20 Diciembre 2006
Esta claro que o fútbol é espectáculo, algúns futbolistas son considerados deuses nos seus países, pois ben segundo declaracións do secretario de Estado do Vaticano, o cardeal Tarcisio Bertone, pode que nun futuro o Vaticano monte un equipo de fútbol da talla da Roma, Inter ou Génova.

Algún día veremos o Vaticano FC gañando un gran campionato gracias a intervención divina ou a unha man de Deus.

Un dato do que non tiña constancia é que existe un equipo de fútbol da cidade do Vaticano, formado por gardas suízos, membros do Consello Papal e por axentes da xendarmería vaticana así como vixiantes dos museos, este xogou o seu primeiro partido contra o San Marino no 1994 e o último partido internacional o 22 de novembro do 2002 contra o Mónaco, os partidos finalizaron cun 0-0 nos marcadores.

Recreativo de Huelva, FC Barcelona, Real Madrid e por qué non Vaticano FC.