A que cheira Pontevedra??

29 Marzo 2007

Por fin!! O Lores xa ten equipo, fai uns días neste blog, publicouse a noticia de que na páxina do candidato a alcaldía polo BNG, non aparecían os nomes dos candidatos que forman parte do equipo de Lores, pero dende hai uns días xa os teñen colgados.
Nesta lista vai a Concelleira de consumo, Nieves Cuellar co número 10, este número é un dos máis antigos na historia da humanidade, moitos pobos primitivos contaban a base de utilizar os dedos das mans, outro significado que se lle atribúe a este número é o da perfección e segundo a biblia serve para recordar e se recordamos o que os cidadáns pontevedreses pensamos do traballo da Sra. Nieves Cuellar non podemos poñerlle outra puntuación ca de 0.

Unha enquisa presentada onte pola OCU confirma o que todos pensabamos, o servizo de limpeza da nosa cidade coa Concelleira do BNG a cabeza non cumpre coas súas funcións nin cos compromisos adquiridos polo BNG -como moitos dos seus compañeiros de partido- polo que por moito 10 que lle poña o señor Lores na súa lista, os pontevedreses poñemoslle un 0 polo servizo de limpeza que ofrece a nosa cidade, esta puntuación tamén a podemos transmitir o noso querido ilustrísimo alcalde “Lores”, por ser Pontevedra unha das 15 cidades que non lle ofreceu a OCU as cifras das papeleras, contenedores e persoal de limpeza.

Visto en: La voz de Galicia


Porno Salvaje

27 Marzo 2007
Hoxe leo nunha noticia de La voz de Galicia que en Tailandia Chuang Chuang – oso panda- ten dereito a 15 minutos de vídeos porno o día, por suposto estes minutos de relax o que pretenden é a estimulación para o que todos pensades.
Nunca pensei que o vídeo porno pegase un salto tan grande é se pasase o mundo salvaxe.
.

Anónimo/a con nombre

27 Marzo 2007
Algunas personas -muchos ya sabéis de quienes os estoy hablando- últimamente se dedican a hacer determinados comentarios e insinuaciones fundamentadas en pensamientos abstractos, declaraciones esperando que alguien les crean, pobres ilusos, amargos niños jugando a ser papás o adolescentes jugando a ser niños, no son serios, patalean y patalean, llorando por aquello que intentaron conseguir mintiendo y desprestigiando, ahora les quedará esperar a que sus oscuros pensamientos se disipen y vuelvan a ver la claridad, claridad que sus ojos ardientes de envidia no permiten ver.

Pobres porque no saben lo que hacen y disfrutemos de la locura de la vida jugando a ser escritores.

Son como el libro, que en la página 23 tiene escrito “Lo que está escrito en la página 24 es cierto” y en la página 24: “Lo que está escrito en la página 23 es falso”.


Al escaparate de Corina le falta el precio

20 Marzo 2007
Un compañeiro e amigo envioume o seguinte vínculo a un canal de negocios e información:

Ella se llamaba Perly
La singular trayectoria personal, social y política de María Corina Porro Martínez

A verdade é que a información que nos proporcionan dende esta canle e moi interesante e nos relata dende como se anunciaba Corina nos despachos da Xunta para conseguir subvencións – “Hola, soy Perly” – ata a forma tan provocativa de sentarte – emulando a fascinante Sharon Stone en Instinto Básico – nos sofás da Xunta, utilizando esas armas femininas para situarse e conseguir determinados favores como por exemplo ir nas listas de Manolo Pérez no 1999 saíndo concelleira – co soldo embargado.

Perly o igual que as perlas é única, non precisa de ningún tratamento, estudos ou manipulación para revelar eses encantos femininos que tan bo resultado lle deron ata agora.

.


O solitario de Lores

19 Marzo 2007
Xa podedes entrar no blog do candidato a alcaldía de Pontevedra polo BNG, non creo moito nas serendipias pero resulta gracioso que despois de informar que o único blog que non funcionaba dos candidatos do BNG era o do Lores agora funcione correctamente, tamén é un pouquiño raro que lle cambiasen a dirección http://www.lores2007.org/ por esta outra http://www.mlores.org e sen embargo non modificaran a dirección na páxina web do BNG.

…………………………………………………(Blog candidatos BNG)

A pregunta que me ronda pola cabeza é se esas mil ideas mais que di ter o Lores – e que ata o de agora non dixo nin a primeira – non as sacarían de internet coma a información de que o seu blog non funcionaba.

Tamén quero comentarvos que no blog do candidato aparece a lista enteira do seu equipo, pero APARECE EN BRANCO, será porque non ten lista ou ben será porque cada vez se asemella mais a Telmo e vai por libre ??

.


Municipales Pontevedra. Telmo, Lores e Teresa alcadesa.

15 Marzo 2007
O noso alcalde, que xa quédalle pouco, di que en Pontevedra as cousas van ben e que debemos seguir por ese rumbo, o polo menos iso é o que se pode resumir das súas verbas no suposto debate na Facultade de Ciencias Sociais e digo suposto porque non se debateu nada senón que se expuxeron algunhas ideas dos diferentes programas electorais.

De todo o que dixeron, mais ben o que dixeron dous porque o Lores non dixo absolutamente nada excepto que si por él fora faríalle unha estatua o concelleiro de urbanismo “Mosquera”, ay!!! meu deus cantas tonterías din algúns cando non teñen nada que dicir nin facer por Pontevedra. Algo si dixo o candidato do Partido Popular, Telmo Martín, polo menos aunque sexan disparates para a nosa cidade o seu equipo preparoulle un programiña e digo equipo e non Partido Popular porque as malas linguas din que vai por libre, incluso comentou que ENCE se tiña que marchar da ría xa!!!, non vaia ser que na Xunta gobernen outros que digan o contrario. ¿Outros?, que quererá dicir con outros, ¿él non é do PP?, ¿equivocaríase de Partido? porque polo de agora senón cambiaron as cousas goberna o PSdG, e por moito tempo, ahhhhh xa entendo seguramente dixo outros porque vai por libre. Bueno pois iso, entre o Lores que non di nada e o que di, mellor non repetilo, o constructor Telmo que non sabe onde está, o único que podo dicir e que soamente Teresa Casal, candidata e futura alcaldesa de Pontevedra expresouse con sinceridade e claridade en diversos temas como por exemplo no relativo o transporte público, aquel transporte que o BNG non deixa utilizar en Pontevedra pero que pola contra si que vende nos seus programas, como por exemplo no do 99 que dicía que a cidade non podía ser un mero e vulgar almacén de edificios e de coches, que ían a reordenar o tráfico e primarían o transporte público, a verdade e que o tráfico si que o desordenaron e todo aquel que entre ou saía de Pontevedra o sabe e que dicir do transporte que non deixan facer porque teñen un modelo de cidade baseado no seu propio partido, un modelo de bloque de cemento que non funciona, por non funcionar no bloque de Pontevedra non funciona nin o seu Blog, ese que dicía María Xosé Bravo, secretaria de Comunicación da executiva do BNG , que estaba feito para personalizar a rede e mellorar as capacidades de comunicación entre os candidatos e os usuarios de internet, claro normal se o Lores non ten comunicación coa cidadanía para que carallo quere ter un blog.

Ai vos deixo o blog do Lores: http://www.lores2007.org/

.
Para aqueles que pensen que este non e o blog do Lores, vos deixo un enlace onde podedes atopar os blogs dos candidatos do BNG e poderedes comprobar coma o único que non funciona é o do candidato por Pontevedra.

Blog candidatos do BNG
.

Política Patética del PP

14 Marzo 2007
Se os alumnos procedentes de centros de Valladolid e Extremadura que acudiron o pasado mércores o Parlamento fosen os profesores dos senadores do PP seguramente ningún levaría unha nota superior o cero patatero.

“Parecen bandas callejeras con trajes de marca…”.

“¿Quiénes son los senadores y senadoras que han tenido ese comportamiento y qué medidas se toman contra ellos? “.

“No hacen caso al director [presidente del Senado], y además, siguen gritando; a nosotros, por mucho menos se nos riñe”.

“Esto es un motín”.

“Vamos a salir en los zapping de medio mundo como cuando se pegan los japoneses”.

Estas frases son algunhas das que dixeron estes alumnos e son as que conseguen na mocidade os senadores que practican unha Política Patética. Se na actualidade as cousas non lle van moi ben o PP que esperen a ver que lles ocorre nun futuro non moi lonxano. As persoas consideramos as súas actuacións como inaceptables, como así o expresa Cristina López Muñoz:

Sentimos bochorno ante un comportamiento que desde la infancia los docentes consideramos inaceptable; ustedes han demolido una actividad que considerábamos importante ante nuestros jóvenes para su involucración democrática y responsable

Visto en: Censura a los senadores
.


Mulleres inmigrantes no día da muller.

8 Marzo 2007
No día da muller nos reunimos para conmemorar unha data na que os homes e as mulleres de todo o mundo, separados por fronteiras, diferenzas culturais, lingüísticas, económicas, políticas e sociais se unen para reivindicar a igualdade entre homes e mulleres. Dende que a francesa Olympe de Gouges fora guillotinada en 1793 por revelarse contra o poder establecido e soster que as mulleres tiñan os mesmos dereitos que os homes pasaron moitos anos pero as súas ideas quedaron plasmadas na sociedade, ata que en 1998, na Conferencia Mundial dos Dereitos Humanos, a ONU afirma por primeira vez que os dereitos da muller son parte inalienable, integrante e indivisible dos dereitos humanos universais.

Dende o inicio desta celebración en 1909, de conformidade cunha declaración do Partido Socialista dos Estados Unidos de América o 28 de Febreiro, o día da muller adquiriu unha nova dimensión mundial. Este crecente movemento internacional da muller contribuíu a que esta conmemoración sexa un punto de converxencia das actividades coordinadas en favor dos dereitos humanos da muller. Neste día temos a oportunidade de reflexionar sobre os avances conseguidos pero non debemos deixar de loitar pola igualdade e a xustiza social para garantir que os valores fundamentais e universais da liberdade, a democracia, a paz e os dereitos humanos se apliquen igualmente ás mulleres, xa que na actualidade aínda existen diariamente casos de discriminación, diferenzas raciais e violencia contra as mulleres e as nenas.

Na actualidade vivimos nun mundo globalizado, nun mundo onde se mesturan diferentes culturas, un mundo onde convivimos nun mesmo pais, nunha mesma cidade e incluso nun mesmo edificio con persoas de outras nacionalidades, dunha cor de pel diferente ou distinta lingua pero debemos de ter moi claro que estas diferenzas constitúen unha riqueza para o mundo, para a nosa sociedade e para nos mesmos e nunca poden ser utilizadas para xustificar prácticas dañinas nin para negar os dereitos humanos, dereitos que temos todos e polos que sempre debemos loitar para conservalos e para que sexan respectados.

Estamos todos de acordo en que a globalización conduce a inmigración, esta afecta cada vez mais a un número maior de persoas e países. As mulleres vense implicadas en procesos migratorios rexionais e internacionais para encontrar traballo, para escapar de desastres naturais, das guerras, da represión política, da discriminación e da violación dos seus dereitos, todo isto o podemos resumir en que a inmigración ten como finalidade a mellora na vida cotiá dos inmigrantes e dos seus fillos, o único que busca a muller canto toma a difícil decisión de migrar non é mais ca un acto de esperanza, unha esperanza na busca de mellores oportunidades ou simplemente unha oportunidade que non teñen nos seus países de orixe e a mellor forma que temos para poder axudar é conseguir un mundo mais xusto. Temos que conseguir que estas mulleres participen e sexan protagonistas nas políticas de integración. Todas as culturas son dinámicas e polo tanto cambiantes na relación con outras, cando as mulleres inmigrantes reivindican os seus dereitos están actuando como axentes do cambio.

Nos nosos postos de traballo, no noso entorno podemos observar a moitas persoas que séntense ameazados pola presenza de inmigrantes, pode ser que teman unha maior competencia no mercado laboral ou que sentan inseguridade polos cambios que implican na sociedade a diversidade cultural. Pero a realidade é que parte da prosperidade da nosa economía e gracias a inmigración, este conflito debe ser superado.

En España residen cerca de catro millóns de inmigrantes, o que representa un da cada dous fogares novos, a chegada dos inmigrantes e a súa incorporación o mercado laboral explica parte do crecemento da economía do noso país. No mes de Novembro o goberno dou a coñecer o primeiro cálculo oficial sobre o impacto económico da inmigración, neste se destaca que a inmigración contribuíu a crear a metade do crecemento do Produto Interior Bruto dos últimos cinco anos. A inmigración tamén compensou a baixa tasa de natalidade, activou o consumo en alimentación, ocio, servizos etc… e liberou ás familias de parte das súas responsabilidades o confiar os seus rapaces e anciáns a unha man de obra doméstica barata procedente da inmigración, mais en concreto das mulleres inmigrantes. En Pontevedra, na nosa cidade convivimos con mais de 1500 mulleres inmigrantes e a súa incorporación laboral prodúcese de forma maioritaria no servizo doméstico, moitas veces en situacións de economía sumergida sen dereitos laborais, sanitarios, sociais nin sindicais.

As mulleres traballan máis que os homes e se este traballo se reflejara nas estatísticas seguramente destruiríamos o mito de que os homes son os que mantemos o fogar.

A realidade é que inmigración é unha fonte de oportunidades e tamén unha modernización da cultura.

Quero tamén facer fincapé en que aínda que englobemos a todas as mulleres baixo a etiqueta de “inmigrantes”, non nos debemos de esquecer nunca do rostro concreto da persoa, porque por moitas etiquetas que se lles poñan son persoas coma todos nos.

Gustaríame recalcar que son moitos os avances conseguidos pero temos que seguir loitando para que se recoñezan moitos dereitos que hoxe en día non teñen, seguir loitando día a día porque loitar tamén é educar.

.