29 Abril 2007
Tere Casal clausurou a Xornada sobre Políticas Municipais que organizou as Xuventudes Socialistas de Pontevedra
A vivenda, o emprego, o transporte e o lecer serán os eixos do programa socialista en materia de Mocidade
Un total de 70 mozos e mozas chegados de toda Galicia participaron onte na Xornada sobre Políticas Municipais de Mocidade celebrada en Pontevedra e organizada polas Xuventudes Socialistas. Tere Casal acodeu a abrir e clausurar un acto que, ademais, serveu para adiantar as principais liñas programáticas que, para a mocidade, presentamos os socialistas pontevedreses.
A número 1 da lista do PSdeG-PSOE lembrou que Pontevedra ten máis de 40.000 persoas con menos de 40 anos, o que supón máis da metade da poboación e converte á nosa cidade na máis nova, proporcionalmente, de toda Galicia. Por iso, dixo, é imprescindible que dende o Concello se continúe a ruta que está a emprender a Xunta de Galicia con medidas como a lei que vai obrigar a reservar un mínimo dun 40% das vivendas construídas para pisos protexidos. Lamentou Teresa Casal que a sociedade acabe aceptando como algo normal a traxedia cotián que supón que os mozos non se poidan independizar dos seus pais e que o importe medio das hipotecas creceran na cidade un 150% en cinco anos. Volveu avogar pola creación da Empresa Municipal de Vivenda e Xestión do Solo como un órgano adicado a impulsar decididamente un aproveitamento máis racional dos polígonos urbanísticos, que pase da monetarización que actualmente fai o Concello dos aproveitamentos que lle corresponden, a unha nova concepción baseada na loita polo abaratamento da vivenda.
Por outra banda, Tere Casal aludiu ós pasos que o Concello xa está a dar para crear emprego entre os mozos. Referiuse á Iniciativa Local de Emprego Social, ILES, na que están a participar 125 persoas que, curiosamente, dixo son maioritariamente persoas con estudos universitarios e que non atoparon emprego. No ILES, no que a presencia feminina e aplastantemente maioritaria, dixo, dáselles a formación á que non puideron acceder para encaixar no mercado de traballo e, de feito, incidiu, os índices de inserción laboral están a ser significativos. Tamén recordou o traballo feito coa Escola Obradoiro de Monte Porreiro, que conclúe este mes de xuño, e a inminente posta en marcha do Obradoiro de Emprego.
A candidata socialista referiuse tamén á próxima implantación do Convenio do Transporte Interurbano e Interparroquial, en colaboración coa Xunta, que ela quere reforzar coa construción dun carril-bus perimetral e unha conexión áxil co campus universitario. Finalmente, Tere Casal lembrou os programas xa postos en marcha dende a Concellaría de Benestar Social como Noites Abertas, a web para grupos de música xoven, así como así como as iniciativas para poñer en marcha un centro de información afectivo-sexual “Quérote” ou o local de ensaio que se vai habilitar na nave da estación de Renfe.
A Xornada celebrada hoxe contou coa presenza e a participación de Julio Castela, secretario de Xuventudes Socialistas de Pontevedra e número 8 da candidatura de Tere Casal; o parlamentario Guillermo Meijón; o técnico do Concello da Coruña, Rubén Bouyón; a concelleira de Xuventude de Vilagarcía, María Araújo; a concelleira de Benestar Social de Pontevedra, Margarita Castejón; a concelleira de Mocidade de Cerdeda, Silvia Fraga; o parlamentario José Manuel Lage; a secretaria xeral de Xuventudes Socialistas de Galicia e presidenta do Consello Galego da Xuventude, Dolores Rodríguez; o sociólogo e politólogo José Manuel Rivera e o deputado en Cortes Antón Louro.
Deja un Comentario » |
Campaña, Municipal, Sociedade, XSG |
Permalink
Escrito por jandrescm
27 Abril 2007
MAÑÁN 28 DE ABRIL CELEBRASE EN PONTEVEDRA A XORNADA “AS POLÍTICAS MUNICIPAIS DA MOCIDADE”
Mañán daranse cita en Pontevedra membros de Xuventudes cos concelleiros que gobernan as políticas sociais para tratar os temas que máis preocupan a xente xoven.
O programa desenroralase ó longo do día da seguinte maneira.
10h Inauguración da Xornada
Julio Castela ( Sec. Xeral XSG-Pontevedra)
Teresa Casal(Candidata á alcaldía)
Guillermo Meijón Couselo (Deputado Parlamentario)
10h 30 A experiencia socialista nas políticas de mocidade
Esteban Lareo-Concelleiro de xuventude de A Coruña
María Araujo-Concelleira de xuventude de Vilagarcía
Margarita Castejón- Concelleira de Benestar social de Pontevedra
Silvia Fraga Santos- Concelleira de Mocidade de Cerceda
Modera: José Manuel Lage Tuñas, parlamentario do PSdeG-PSOE
12hPausa-Café
12h 30.- A participación social d@s moz@s nos concellos
José Manuel Rivera Otero- sociólogo e politólogo
María Dolores Rodríguez Amoroso- Presidenta do CXG
Modera: Antón Louro Goyanes- Sº Política Institucional do PSdeG-PSOE
13:15 Conclusións das Xornadas
Teresa Casal-Candidata á alcaldía de Pontevedra
Julio Castela-Sec. Xeral de XSG-Pontevedra
Deja un Comentario » |
Uncategorized |
Permalink
Escrito por jandrescm
24 Abril 2007
O propietario do picadeiro de Sanxenxo di ser vítima dunha vinganza por parte do ex alcalde e alcaldable por Pontevedra Telmo Martín. O propietario acusa a Telmo Martín de bloquear a concesión da licenza para o traslado do picadeiro.
Deja un Comentario » |
Campaña, Información, Municipal, Sociedade |
Permalink
Escrito por jandrescm
23 Abril 2007
Ao alcaldable do PP por Pontevedra gustaríalle xestionar o noso Concello coma as súas empresas – segundo as palabras do propio alcaldable – e para isto, conformou unha lista de listos, o parecer segundo nos informan non lles importa infrinxir a legalidade con tal de gañar uns cartiños máis, para as súas carteiras e para esas empresas que dirixen ou para as que traballan, o problema é que o Concello é dos cidadáns de Pontevedra e non do señor Telmo Martín por moito que gustáralle esta idea a el mesmo ou a moitos dos seus listos.
2 comentarios |
Campaña, Construcion, Información, Municipal, Sociedade, Urbanismo |
Permalink
Escrito por jandrescm
23 Abril 2007
«Non estar neste proxecto sería inexplicable»
.
¿Quen son? Son veciño de Mourente e cidadán de Pontevedra. Participei na Sociedad Cultural e Deportiva de Mourente, nos equipos directivos da Asociación Galega e da Federación Española de Técnicos Sanitarios e traballo no Instituto de Medicina Legal. Representei institucionalmente ao sindicato nacional de Comisións Obreiras. Foron todas experiencias enriquecedoras. Participei na Comisión de Afectados pola Circunvalación. No tempo libre, cun grupo de amigos, fago teatro afeccionado.¿Por que decidín dar este salto? Aceptei formar parte da candidatura por unha atracción de sempre pola xestión e o servizo público; por unha lóxica afinidade e militancia política, e polo grupo excepcional de traballo que se conformou en torno a Teresa Casal, persoa cunha gran experiencia de goberno e unha fortísima potencia. Non estar neste proxecto sería inexplicable. Como veciño do rural a miña aspiración é que nestes catro anos poida, dunha vez, rematarse o saneamento e dotarnos de servizos básicos dos que agora carecemos. Aspiro, ademáis, a dinamizar o goberno municipal traballando a prol dunha verdadeira participación cidadá.
.
.
4 comentarios |
Campaña, Información, Municipal, Sociedade |
Permalink
Escrito por jandrescm
23 Abril 2007
«Lo que me motiva es un proyecto que tiene en cuenta al vecino»
.
¿Quién soy? Soy pontevedresa de nacimiento, casada y madre de dos hijos de 8 y 12 años, es importante que lo diga, pues ellos han sido el apoyo fundamental para que pudiera adoptar determinadas decisiones en mi vida profesional. Pertenezco al cuerpo de Técnicos de Gestión de la Universidad de Vigo y en ella he sido Jefa de Sección de la Asesoría Jurídica. Con posterioridad, administradora de Centros del Campus de Pontevedra en la dirección de los equipos humanos, elaborando y administrando el presupuesto de cada una de las Facultades y Escuelas Universitarias ubicadas en Pontevedra. Posteriormente mi labor se ha desarrollado como jefa del Servicio de Patrimonio e Inventario y jefa del Servicio de Apoyo a la Investigación en la Universidad de Vigo.¿Por qué me he metido en esto? Mi vinculación con el PSdeG-PSOE ya viene de hace años, ya que pertenecí a las Juventudes Socialistas de Pontevedra; por eso cuando Teresa Casal me llamó no pude por menos que decirle que sí. El proyecto que lidera considero que recoge todos los requisitos que le pido a un político del siglo XXI: modernidad, eficacia en la gestión y modernización de la Administración, aplicación de nuevas tecnologías, de la información y comunicación ¿Pero quizá lo que más me acerque es el convencimiento de que es un proyecto que tiene en cuenta al vecino a través de la escucha activa y participación. Sólo así se pueden llevar a cabo políticas públicas que redunden en beneficio de la ciudadanía.
.
.
2 comentarios |
Campaña, Información, Municipal, Sociedade |
Permalink
Escrito por jandrescm
17 Abril 2007

Xa falta menos para celebrar unha victoria mais, cada día que pasa estamos mais preto do 27 de maio.
No municipio de Pontevedra empeza a cheirar un pouquiño raro e non é pola Celulosas senón porque determinados políticos súan demasiado o ver tan preta a fatídica data para eles e os seus respectivos partidos.
Hoxe deixo no tinteiro os seguintes datos relacioados coa xuventude no municipio de Pontevedra, espero que sirvan de reflexións para algunhas persoas que aínda a estas alturas pensan que a mocidade non está preparada e trátanos de diferente maneira polo único motivo de ser mozos e mozas.
Segundo os datos do IGE, a mocidade en Pontevedra no 2006 representamos o 30% da poboación e para mais inri daqueles que non nos teñen en conta representamos entre un 22% e un 24% das persoas con capacidade de votar.
2 comentarios |
Campaña, Información, Municipal, Sociedade |
Permalink
Escrito por jandrescm
16 Abril 2007
O 27 de maio está cada vez máis próximo e con esta data as eleccións locais, moitos partidos –en especial o PP- teñen presa e o seu único obxectivo e gañar a toda costa, non importa de que xeito, soamente lles importa ter o despacho no Concello e para conseguilo fan unha política moi peculiar.
“Con la máxima urgencia, debéis cubrir la papeleta de votación poniendo únicamente el nombre del Partido Popular, que es el partido por el que me presento”.
Este é un pequeno extracto da carta que o señor José Balseiros Guinarte, alcalde do Concello de Cercedo enviou ao voto emigrante –carta acompañada dos modelos impresos de solicitude de voto e papeleta electoral xa cubertos cos datos de cada elector.
Por se estas persoas non entenderon o comunicado, na carta o señor alcalde facilita dous números de teléfono do Concello para chamar a cobro revertido.
.
No fútbol hai mans negras aquí parece que temos mans azuis e gaivotas que intentan voar demasiado baixo.
.
1 comentario |
Campaña, Información, Municipal, Sociedade |
Permalink
Escrito por jandrescm