31 Mayo 2007

Hoxe voteille unha ollada o
blog do señor Telmo Martín, ex-alcalde do PP en
Sanxenxo e ex-alcaldable do PP en
Pontevedra, digo ex-alcaldable xa que as eleccións municipais foron este domingo e parece que algúns aínda non se deron conta e seguen facendo a súa campaña particular. O leer a entrada titulada
“Na Burbulla” quedei moi asombrado das afirmacións deste señor, non entendo como unha persoa que nos seus discursos utiliza infinidade de datos –en moitas ocasións mal utilizados- non é capaz de comprender unha simple suma.
Os resultados electorais en Pontevedra foron os seguintes:
Total votantes 44.217
Abstención 28.861
Votos nulos 304
Votos en blanco 950
.
PP 19.387 (44.15 %). Concelleiros: 12
BNG 12.412 (28.26 %). Concelleiros: 7
PSdeG-PSOE 9.807 (22.33 %). Concelleiros: 6
Observando estes datos podemos afirmar que o 50.59% dos votantes -que non da poboación de Pontevedra- non se senten representados polo PP e polo tanto se o PSdeG – PSOE e o BNG queren chegar ou chegan a un acordo para gobernar esta cidade estarán representando o 50.59% dos votantes, e dicir, representarán a mais veciños que o Partido Popular.
Resumindo señor Telmo, sepa usted que 28.26% + 22.33% > 44.15%, entendo e comprendo que hoxe non teña a cabeza para sumar xa que onte pola noite saíu a celebrar ou a afogar penas polos bares de Pontevedra pero o comprende non?.
Deja un Comentario » |
Información, Municipal, Política, Pontevedra, Sociedade |
Permalink
Escrito por jandrescm
31 Mayo 2007

Dúas cidades, duas aficións, duas formas de xogar e un mesmo obxectivo. O próximo domingo enfrontaranse no Estadio Arcángel ás 20:00h o
Pontevedra CF e o
Córdoba CF, un partido que sen dúbida gañará o Pontevedra CF conseguindo un paso máis ata a sufrida división de prata.
Os pontevedreses estamos co equipo -aunque moitos non poidan fisicamente por culpa dun Cordoba que prefire xogar as oito da noite dun domingo que colgar o cartel de completo- e como di a afición do Liverpool, “You’ll never walk alone” (NUNCA CAMIÑAREDES SOLOS)
2 comentarios |
Futbol, Información, Municipal, Pontevedra, Sociedade |
Permalink
Escrito por jandrescm
29 Mayo 2007
Pasaron as horas, os días, as semanas, a cidadanía deu o seu veredicto, eu tamén. Un deses días coñecín a un grupo marabilloso de persoas, descoñecidos por un momento, compañeiros para sempre e amigos ata que queiran. Un día vin unha foto vosa, escoiteivos na radio, na televisión, nunha parroquia, falei con vos pero neste tempo puiden coñeceros, puiden ver como sodes, que pensabades, puiden ver as explendidas persoas que sodes, vin a realidade do que somos, non cambiedes nunca.
Gracias Tere, gracias Antón, gracias Margarita, gracias Cáceres, gracias Celia, gracias Valcárcel, gracias Angeles, gracias Manuela, gracias Paloma, gracias Civeira, gracias Ángela, gracias Maruja, gracias Carmiña, gracias Manuel, gracias Me, gracias ma, gracias Suso, gracias Guille e gracias a ti compañeiro Anxo.
Gracias a todos por compartir a vosa vida, o voso traballo, gracias por facer que estes días foran unha experiencia incrible, inexplicable e irrepetible, gracias por ser vos mesmos.
.
Sodes e seguiredes sendo o mellor equipo.
2 comentarios |
Uncategorized |
Permalink
Escrito por jandrescm