CEBRA OU CABALO ? CEBROIDE
28 Junio 2007LA LECHE INGLESA
13 Junio 2007DUAS CUNHAS DE CALDO.
6 Junio 2007Os rotos do Partido Popular
4 Junio 2007Fai tempo que o Partido máis Popular está roto en España, en Galicia e en Pontevedra, non sabía se era polos chanchullos diarios dos seus integrantes, tómese como exemplo o señor Telmo Martín, o señor Cuiña …, ou ben polas loitas internas. Non gañan as eleccións, non gañan as deputacións e o parecer nin gañas teñen de gastar en calcetíns, o señor Rajoy -a Trotona de Pontevedra- debe de estar canso de tapar buratos dos seus amigos e esqueceuse de tapar os seus.
¿será esta a causa do fedor do Partido Popular?
TELMO O HOME DE FERRO
4 Junio 2007
Telmo Martin beneficiouse de subcontratas millonarias de obras realizadas cando Alvarez Cascos ocupaba o Ministerio de Fomento.
“Según una información difundida hoy por la Cadena Ser, empresas de la familia del ex conselleiro de Política Territorial Xosé Cuiña y del alcalde de Sanxenxo se beneficiaron de subcontratas “millonarias” de obras realizadas cuando Alvarez Cascos ocupaba el Ministerio de Fomento, como la ampliación del aeropuerto de Barajas y diversos tramos del tren de alta velocidad, entre ellos uno en Galicia.”
Cando o río soa auga leva e creo que ademais de estar desbordado o señor Telmo Martín ten moitas lagoas.
A EMPRESA EPOSH ASUMIRÁ A XESTIÓN E EXPLOTACIÓN DA DEPURADORA DOS PRACERES
1 Junio 2007Santiago de Compostela, xoves, 31 de maio do 2007
A Empresa Pública de Obras e Servizos Hidráulicos (Eposh) asumirá a xestión e explotación da estación de augas residuais (Edar) dos Praceres, na cidade de Pontevedra. Así se recolle nun convenio que subscribirán a propia administración hidráulica, a Consellería de Medio Ambiente e o Concello pontevedrés, cuxa sinatura autorizou hoxe o consello da Xunta.
Con esta medida, perséguese acadar unha explotación íntegra e conxunta de todas as instalación coas que conta a planta, que foi construída en dúas fases. A primeira, concluíu en 1993 e as súas instalacións están actualmente xestionadas polo Concello de Pontevedra a través dun concesionario, a empresa Aquagest. A segunda fase da depuradora, consistente na súa ampliación, está rematada dende o ano 2005, pero non chegou a entrar en funcionamento. Por iso, a asunción da xestión da depuradora contribuirá a mellorar a calidade das augas da ría de Pontevedra, que foi declarada zona sensible a efectos do tratamento de augas residuais e incluída no Plan de Saneamento de Galicia 2000-2015.
Así, a sinatura deste acordo implicará que o Concello de Pontevedra cederá á Eposh o contrato de xestión indirecta do servizo de depuración das augas residuais da Edar dos Praceres, cuxo concesionario é a empresa a Aquagest. Pola súa banda, a empresa pública asumirá a xestión e o correspondente financiamento das instalacións construídas e vinculadas á depuradora. O custo derivado desta actuación ascende a 6.754.357 euros polo prazo que resta para o remate da concesión do servizo da depuración ao seu actual concesionario, que conclúe en febreiro de 2017. A contía repartirase do seguinte xeito: 461.080,38 euros este ano; de 2008 a 2016, 686.915,65 € cada exercicio; e 111.035 € en 2017.
Escrito por jandrescm 
Escrito por jandrescm
Escrito por jandrescm 