O outro día estiven nun debate na cadea COPE co Presidente de Novas Xeracións de Pontevedra, a verdade é que Pedro me cae ben pero non entendo o seu partido.
Estou seguro que non son a única persoa que non entende a Núñez Feijoo e a súa forma de facer política. Sempre claro, que se poida chamar política as artimañas que utiliza continuamente nos medios de comunicación.
A última son as declaración recollidas no ABC, por certo realizadas en Madrid e non dende ningunha cidade galega, supoño que será porque cada día que pasa ve máis cerca o despacho na calle Xénova que en Monte Pío.
As declaracións realizadas son unha mostra máis que o único importante para Feijoo´09 é desprestixiar a Touriño, e non lle importa a situación económica actual. Xa que en vez de facer unha campaña con ideas para mellorar Galicia, fai unha campaña para que a mocidade e a sociedade galega non vaian votar o 1 de marzo.
¿Cómo pode falar do voto exterior desta maneira? ¿Cómo pode falar o PP do voto irregular de emigrantes? ¿Cómo pode falar de transparencia o señor Feijoo?.
As respostas a estas preguntas as coñecemos todos, por isto non entendo o PP nin a Feijoo.
4 Febrero 2009 a las 9:29 pm |
É un home dificil de entender, non coñezo outro que en política pense en perder as elección cando estamos ainda en precampaña. Ya se está a garantir o posto en Madrid, cando dixo aquelo de que non era normal pensar en que si o PP perde en Galicia a culpa sexa de Rajoy. Para él o importante e sobrevivir…