"buenas noches… y buena suerte".

30 Noviembre 2006

Conectei a televisión, fixen un pouco de zaping e non me chamaba nada a atención polo que decidín ir o videoclub e alugar unha película. Non sabía moi ben por cal decantarme, o final fixen unha boa elección.

Para moitos esta película podería ser melancólica, tanto polo branco e negro coma pola pureza da comunicación ou ben polos gratos recordos de poder fumar no lugar de traballo.

Os feitos acontecen na década dos 50, combatían na televisión como cuadrilátero uns periodistas liderados por Edward R. Murrow, pai do periodismo televisivo, contra o perseguidor da caza das meigas, o senador McCarthy.

A historia en si comeza cando Murrow lee nun xornal a destitución dun membro do exercito, creo recordar que do aire, destitución provocada pola suposición infundada de que o seu pai e irmá eran simpatizantes do comunismo, Murrow non pode quedar impasivo diante de tal inxustiza e abuso de poder, decide sacar a luz pública esta historia, é mellor non seguir contando nada máis e que poidades gozar desta interesante película.

Impresionante tamén a banda sonora, a cargo de Dianne Reeves, cantante de jazz.

“Como nación, lo hemos heredado todo a tierna edad. Nos autoproclamamos los defensores de la libertad donde quiera que la siga habiendo en el mundo, pero no nos es posible defender la libertad afuera si la descuidamos en casa”


“Este aparato puede enseñar e iluminar, no sólo entretener y aislar. Si no, sólo es una caja de cables y luces”
Edward R. Murrow
“La gente quiere divertirse, no una lección de civismo”

Presidente da CBS