23 Agosto 2007

Para muchos la vivienda pasa de ser un bien básico a una jugosa inversión, previo paso por la especulación por supuesto, en nuestra querida tierra gallega el precio de la vivienda se ha quintuplicado en los últimos veinte años, es decir, su precio a aumentado cinco veces y pasó de 328€ el metro cuadrado a 1.448€, ¿sabéis cuánto dinero debemos destinar para comprar un piso?, es mejor que no lo pensemos ya que llega el fin de semana y no quiero que os quedéis en casa sin salir para ahorrar algo, ya que la vida no es sólo sacrificio, trabajo y gastos como a muchos les gustaría sino también diversión y todo eso, por lo menos si nuestros sueldos no suben en la misma proporción que nuestros gastos necesarios para poder sobrevivir y ahorrar un poquito, lo mejor es ahogar las penas durante el fin de semana, eso si, una recomendación de la DGT, SI BEBES NO CONDUZCAS, el taxista también tiene que pagar una hipoteca. Para más inri
España es el país es donde se registra la mayor alza de la producción en la construcción de la UE.
.
Una pregunta ¿gastamos más de lo que podemos? o ¿tenemos menos de lo que queremos?, bueno en realidad son dos preguntas y claro no hay dos sin tres ¿por qué los comerciantes suben los precios en mayor proporción que los sueldos?.
Deja un Comentario » |
Construcion, Economía, Empresas, Información, Municipal, Pontevedra, Sociedade, Urbanismo |
Permalink
Escrito por jandrescm
21 Agosto 2007

Os
socialistas reuníronse onte cunha delegación de veciños de Mourente – Montecelo para explicarlles que o
actual proxecto de Hospital Único é o máis axeitado e prometerlles que mediarán ante o Sergas para que
corrixa as deficiencias detectadas no prazo da exposición pública do proxecto.
Por outra banda no Partido Popular recoñecen que “o PP cometeu o erro de planificar unha ampliación que será insuficiente” e que “nas mans do goberno está agora non incorrer no mesmo error que cometeron eles”, recoñecendo deste xeito que o goberno actual do PSOE é o único que pode darlle solución a este antigo problema.
O actual proxecto suporá unha inversión de 120 millóns de euros.
Para máis información facer click aquí.
Deja un Comentario » |
Construcion, Hospital Único, Información, Política, Pontevedra, Sociedade |
Permalink
Escrito por jandrescm
4 Junio 2007

Telmo Martin beneficiouse de subcontratas millonarias de obras realizadas cando Alvarez Cascos ocupaba o Ministerio de Fomento.
“Según una información difundida hoy por la Cadena Ser, empresas de la familia del ex conselleiro de Política Territorial Xosé Cuiña y del alcalde de Sanxenxo se beneficiaron de subcontratas “millonarias” de obras realizadas cuando Alvarez Cascos ocupaba el Ministerio de Fomento, como la ampliación del aeropuerto de Barajas y diversos tramos del tren de alta velocidad, entre ellos uno en Galicia.”
.
Cando o río soa auga leva e creo que ademais de estar desbordado o señor Telmo Martín ten moitas lagoas.
2 comentarios |
Construcion, Economía, Empresas, Información, Municipal, Política, Pontevedra, Sociedade, Urbanismo |
Permalink
Escrito por jandrescm
23 Abril 2007
Ao alcaldable do PP por Pontevedra gustaríalle xestionar o noso Concello coma as súas empresas – segundo as palabras do propio alcaldable – e para isto, conformou unha lista de listos, o parecer segundo nos informan non lles importa infrinxir a legalidade con tal de gañar uns cartiños máis, para as súas carteiras e para esas empresas que dirixen ou para as que traballan, o problema é que o Concello é dos cidadáns de Pontevedra e non do señor Telmo Martín por moito que gustáralle esta idea a el mesmo ou a moitos dos seus listos.
2 comentarios |
Campaña, Construcion, Información, Municipal, Sociedade, Urbanismo |
Permalink
Escrito por jandrescm
3 Enero 2007
Escribín en moitas entradas información relativa a economía familiar e o endebedamento das familias para a compra dunha vivenda , neste caso quero dar unha boa noticia para todos aqueles que queiran comprar unha vivenda en Pontevedra, xa que ademais de poder vivir nunha cidade marabillosa poderán gastarse un pouquiño menos que en outras cidades. Segundo un informe da Sociedade de Taxación, na capital Pontevedresa o prezo medio por metro cadrado construído estaba o redor de 1500€ o que nos converte xunto con Lugo e Badajoz nas provincias españolas nas que resulta mais barato adquirir unha vivenda.
3 comentarios |
Construcion, Economía, Información, Municipal, Sociedade |
Permalink
Escrito por jandrescm
29 Diciembre 2006

Hoxe debemos menos que onte pero mais que fai un ano, e dicir, as familias que pediron un préstamo hipotecario no mes de setembro terán que aboar 178.7€ máis de cota que as familias que se hipotecaron un ano antes e o número total de operacións hipotecarias formalizadas descendeu entorno a un 50%. Pese a estes descensos o esforzo financeiro é cada vez maior, no mes de setembro representou o 42.1% da renda anual.
Parece que o prezo da vivenda tende a estancarse, a finais de outubro o prezo da vivenda creceu o 9.7%, a primeira subida inferior a dous díxitos en cinco anos, segundo datos do Ministerio de Vivenda.
.
Esta moi claro que parte da culpa de que as familias españolas teñamos as nosas débedas no piso de arriba e tamén que non poidamos ter un emprego estable é gracias as políticas que apricou o Rato cando era ministro de Economía, que por se non vos acordades foi durante oito anos e co goberno do PP, polo menos advertiulle a Aznar sobre as consecuencias que traería a política sobre Irak, pero como sempre no PP nunca fan caso.
Deja un Comentario » |
Construcion, Economía, Información, Sociedade |
Permalink
Escrito por jandrescm
18 Diciembre 2006
As veces cando estamos lendo algo danos a impresión de que o mundo está o revés, o outro día tiven esta impresión, ¿
sabedes a quén lle preocupa os prezos das vivendas e a débeda das economías familiares?, ademais de a nós mesmos o parecer os promotores ultimamente preocúpanse demasiado, por suposto non vaiamos a pensar que a preocupación é debida a que moitas familias non poidan aforrar ou teñan que facer marabillas para chegar a fin de mes, estas cuestións por suposto non quítalles o sono, se non poden durmir é porque son conscientes que a situación actual pode frear as ventas é polo tanto diminuír o grande beneficio que teñen nestes últimos anos.
Unha das cuestións máis importantes das promotoras é saber si poderán construír nos solares que adquiriron nestes últimos tempos, isto dependerá do texto definitivo que resulte da tramitación parlamentaria do proxecto de lei do chan.
1 comentario |
Construcion, Economía, Información, Sociedade |
Permalink
Escrito por jandrescm
14 Diciembre 2006

Nesta fotografía pode verse o que será unha nova urbanización composta por un centenar de pisos de luxo en primeira liña de praia de Portonovo, municipio turístico co prezo do chan mais caro de Galicia.
Algún estarase nestes momentos preguntándose por qué vos estou a contar isto, pois ben ten unha boa explicación, estes terreos están situados no humedal de Baltar, incluído no catálogo de zonas húmidas de Galicia elaborado pola
Consellería de Medio Ambiente, o humedal é un espazo de servidume dos ríos Baltar e Valiejos se a construción deste bloque de vivendas obstrúe ou tapona este espazo destrúese o efecto esponxa realizado polas plantas que absorben a maior cantidade de auga e provocaranse inundacións a causa das choivas e crecida do río.
Cousa moi curiosa tamén e que vos quero comentar, son unha serie de noticias publicadas nos periódicos estes días atrás, a noticia implica o candidato a alcaldía de Pontevedra polo
Partido Popular, Telmo Martín, nunha recalificación de terreos para beneficiar a empresa Construcuatro, da que posúe o 33%.
A empresa da que forma parte comprou tres fincas rústicas entre o ano 2000 e 2004, momento no que xa era alcalde de Sanxenxo xa que Telmo Martín accedeu ao goberno no verán do ano 1999, estas fincas foron clasificadas como urbanizables gracias o novo planeamento, o que permite que a empresa consiga 2.78 millóns de € por vendelas no 2004, o Plan Xeral de Ordenación Municipal foi aprobado en febreiro de 2003. Ata aquí todo máis ou menos normal, sempre que por suposto entendamos por normal que se recalifiquen terreos propiedade dunha empresa da que o alcalde do lugar ten unha participación igualitaria con outros dous socios, terreos que como dixemos anteriormente eran considerados fincas rurais, sendo tamén alcalde o señor Telmo Martín.
Mais incrible aínda é que estas fincas formaban parte dunha expropiación notificada pola
Deputación de Pontevedra, presidida polo popular
Rafael Louzán. O prezo da expropiación foi de 279.358€ + intereses de demora, o mesmo terreo que a empresa Construcuatro vendeu por 2.78 millóns de € a empresa Construziona.
A Deputación de Pontevedra calculou en 1.900€ o prezo de venda do metro cadrado construído en Portonovo (Sanxenxo), 1/3 por debaixo do prezo de mercado próximo ós 6.000€.
Segundo as declaracións de Telmo Martín, as fincas foron adquiridas no ano 1999, e sostén que estas eran urbanas dende 1990, cando aprobáronse as normas subsidiarias de planeamento, normas que nunca chegaron a executarse e ademais na escritura de venda da empresa Construziona as fincas aparecen como rústicas.
A entrada tamén foi publicada na Red de blog socialistas.
6 comentarios |
Construcion, Información, Municipal, Sociedade |
Permalink
Escrito por jandrescm