PREMIO LITERARIO “ NARRA BREVE “ 2009
28 Enero 2009 
Co gallo do DIA DAS LETRAS GALEGAS , a Agrupación Socialista Coruñesa convoca o Premio Literario “ Narra Breve “ 2009.
1. Poderán participar nel as persoas maiores de 18 anos da Comunidade Autónoma Galega.
2. A extensión mínima dos traballos será de 3 folios Din-A4 e máximo de 5. Deberán estar escritos en galego, a máquina ou a ordenador por unha soa cara a dobre espazo. O tema será libre. Tamén poderán ser enviados por e- mail a narrabreve@gmail.com
3. Os traballos orixinais poderán enviarse :
a/ Por correo postal á sede da Agrupación ( sita na Avda Xeneral Sanjurjo, nº 38-1º, 15006 A Coruña), en sobre pechado, sen remite, en cuxo interior presentarase, ademais, unha plica, tamén pechada, que reseñará no exterior o título da obra e no interior conterá o nome e apelidos do autor ou autora, enderezo e teléfono, axuntando fotocopia do D.N.I. ou documento equivalente, acreditativo da idade.
b/ Por correo electrónico, en cuxo caso, os datos do autor ou autora deberán ser enviados, como no caso anterior, por correo postal á sede da Agrupación en sobre pechado, sen remite en cuxo interior presentarase unha plica, tamén pechada, que reseñará no exterior o título da obra remitida por e-mail, e no interior conterá o nome e apelidos do autor ou autora, enderezo e teléfono, axuntando fotocopia do D.N.I. ou documento equivalente, acreditativo da idade.
4. O prazo de presentación dos traballos rematará o día 31 de abril de 2009, e o fallo do xurado farase público o día 15 de maio do mesmo ano. A decisión do xurado é inapelable.
5. Establécese un só primeiro premio cunha dotación económica de 500 euros e Diploma de Honra. De consideralo oportuno, o xurado podería conceder un ou varios Diplomas de Honra segundo a calidade dos traballos presentados. Tamén poderá declarar deserto o premio.
6. A entrega de premios será o día 22 de maio de 2009 ás 20 horas na sede da Agrupación.
7. O xurado está composto por destacadas personalidades do mundo da cultura galega e por membros do Comité Organizador.
8. Os traballos premiados quedarán en poder da Organización. O participante renuncia a calquera remuneración polos seus dereitos de autor. Os demais traballos serán devoltos ós autores que os reclamen antes do 10 de xuño de 2009. Poderán recollelos na sede da Agrupación.
9. A Organización do Certame resérvase o dereito de publicar os traballos premiados unha vez teña obra suficiente para facelo.
10. A participación do Premio implica a aceptación destas Bases.
www.psoecoruna.org
1 de decembro, día mundial contra o sida
29 Noviembre 2008
O próximo luns 1 de decembro celébrase o día mundial da loita contra o sida, unha enfermidade que afecta a máis de 33 millóns de persoas no mundo, segundo datos do informe sobre a epidemia do sida presentado o pasado mes de xullo.
Neste mesmo informe, resalta o dato de 370.000 nenos infectados, incrementando a cifra de 2 millóns de menores de 15 anos que sufren esta enfermidade.
Segundo a ONU, somante o 40% da mocidade dos mozos de 64 países teñen información básica sobre o VIH e as súas consecuencias.
Por istos motivos, entidades como o Consello da Xuventude fan campañas de prevención do sida para reforzar as consecuencias positivas da prevención nas relacións sexuais.
Non podemos quedarnos ao marxe, as institucións, os entes públicos, e a sociedade en xeral temos o deber e a obriga de informar das consecuencias desta enfermidade. Entre todos temos que conseguir que día a día, as cifras de contaxios diminúan.
Gracias meu.
27 Noviembre 2008

O outro día un gran amigo, ou polo menos isto é o que penso eu, comentoume que tiña o blog un pouco abandonado e que facía tempo que non o actualizaba. A miña última entrada era do 13 de novembro, como podedes comprobar, xa pasaron dúas semanas e aínda non tiña nada escrito. Isto levoume a pensar nos meus inicios na rede dos blog, cando vin a data da miña primeira entrada a verdade é que me sorprendín, cómo pasa o tempo! Pasaron algo máis de dous anos.
Dous anos escribindo o que pensaba, parece mentira pero o tempo pasa voando. Hoxe tomas unhas copas cos amigos nunha fermosa praza da túa cidade e maña te poñen unha multa, mellor non pensemos en que te poden foder, perdón, facer se pasan dous anos.
Gracias polas túas indicacións e descoida, non caeran en saco roto.
POR FIN VACACIONES
18 Agosto 2008Hoy os dejo durante un par de semanitas debido a que por fin llegaron las vacaciones.
Por Prantas prevarican no PP
9 Agosto 2008Segundo unha información publicada no Pais, acusan ao xefe de policía de Celanova -irmán do alcalde- de frear unha tramitación xudicial que afectaba ao presidente provincial de Novas Xeracións no suposto roubo de prantas nun xardín público
Escrito por jandrescm 
Escrito por jandrescm
Escrito por jandrescm 

