
Co gallo do DIA DAS LETRAS GALEGAS , a Agrupación Socialista Coruñesa convoca o Premio Literario “ Narra Breve “ 2009.
1. Poderán participar nel as persoas maiores de 18 anos da Comunidade Autónoma Galega.
2. A extensión mínima dos traballos será de 3 folios Din-A4 e máximo de 5. Deberán estar escritos en galego, a máquina ou a ordenador por unha soa cara a dobre espazo. O tema será libre. Tamén poderán ser enviados por e- mail a narrabreve@gmail.com
3. Os traballos orixinais poderán enviarse :
a/ Por correo postal á sede da Agrupación ( sita na Avda Xeneral Sanjurjo, nº 38-1º, 15006 A Coruña), en sobre pechado, sen remite, en cuxo interior presentarase, ademais, unha plica, tamén pechada, que reseñará no exterior o título da obra e no interior conterá o nome e apelidos do autor ou autora, enderezo e teléfono, axuntando fotocopia do D.N.I. ou documento equivalente, acreditativo da idade.
b/ Por correo electrónico, en cuxo caso, os datos do autor ou autora deberán ser enviados, como no caso anterior, por correo postal á sede da Agrupación en sobre pechado, sen remite en cuxo interior presentarase unha plica, tamén pechada, que reseñará no exterior o título da obra remitida por e-mail, e no interior conterá o nome e apelidos do autor ou autora, enderezo e teléfono, axuntando fotocopia do D.N.I. ou documento equivalente, acreditativo da idade.
4. O prazo de presentación dos traballos rematará o día 31 de abril de 2009, e o fallo do xurado farase público o día 15 de maio do mesmo ano. A decisión do xurado é inapelable.
5. Establécese un só primeiro premio cunha dotación económica de 500 euros e Diploma de Honra. De consideralo oportuno, o xurado podería conceder un ou varios Diplomas de Honra segundo a calidade dos traballos presentados. Tamén poderá declarar deserto o premio.
6. A entrega de premios será o día 22 de maio de 2009 ás 20 horas na sede da Agrupación.
7. O xurado está composto por destacadas personalidades do mundo da cultura galega e por membros do Comité Organizador.
8. Os traballos premiados quedarán en poder da Organización. O participante renuncia a calquera remuneración polos seus dereitos de autor. Os demais traballos serán devoltos ós autores que os reclamen antes do 10 de xuño de 2009. Poderán recollelos na sede da Agrupación.
9. A Organización do Certame resérvase o dereito de publicar os traballos premiados unha vez teña obra suficiente para facelo.
10. A participación do Premio implica a aceptación destas Bases.
www.psoecoruna.org